Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chega a cita festeira máis importante do ano: San Froilán 2011

    Lugo 2011 - Festas de San Froilán - cartel

    Cartel anunciador das festas de San Froilán 2011, Lugo, declaradas de Interese Turístico Nacional

    É sen dúbida, se non a máis importante, unha das principais. A festa de San Froilán en Lugo é unha das citas festeiras de máis sona en Galicia e mesmo fóra das nosas fronteiras. Multitude de actos festivos: competicións deportivas, exposicións, festas infantís, charangas e bandas de música, concertos, orquestras, feira de artesanía, sesións de fogos artificiais, gran recinto feiral (quizais o mellor das festas galegas), e, como non, o polbo que se prepara nas casetas do parque Rosalía.

    Lugo 2011 - Festas de San Froilán - cartel San FroilanciñoCartel do San Froilanciño 2011

    Xa desde esta fin de semana funcionan as diferentes atraccións de feira. Unha gran selección de aparellos mecánicos para todas as idades e onde as clásicas de toda a vida (autos de choque, castelo encantado, saltamontes...) se mesturan coas novas (Viking Show, Boster ou as montañas rusas El Ratón Vacilón e Cataratas...). Para os máis pequenos da casa están todas, desde o tren ou os cabaliños ata o Scalextric ou as Tortugas Ninja, sen esquecernos de multitude de casetas ao longo de toda a avenida do recinto.

    Os concertos son un dos reclamos máis importantes do San Froilán aínda que sofren recortes por culpa da situación económica. LUZ CASAL é, quizais, o máis importante desta edición (aínda que de pago), pero haberá moitos outros de carácter gratuíto incluídas bandas e solistas galegos como DI ELAS, BERROGÜETTO, LUCÍA PÉREZ ou UXÍA.

    Lugo 2011 - Festas de San Froilán - cartel orquestras

    As orquestras, o gran clásico do San Froilán, volverán á Praza Maior cunha selección de música para todas as idades. Destacan orquestras clásicas (POCEIRO), elegantes (LOS PLAYER'S), de baile (LOS TROVADORES ou TRÉBOL), de espectáculo (IPANEMA), para todos os públicos (ISMAEL, CAPITOL), con sons quentes (GRAN CANARIA) ou formacións máis encamiñadas á xuventude (CANADÁ, D'MODA).

    Desde a organización das festas traballouse para que o recorte no orzamento e a falta de apoio por parte da Xunta de Galicia non implicasen unha baixada de calidade do programa ou deixar de lado a unha parte da sociedade, intentando ofrecer unha programación para todos os públicos.

    Na páxina oficial do San Froilán podes acceder a toda a información e programa completo. Boa Festa!!!

    lugo-2011-festas-de-san-froilan-cartel-programa_pagina_01

    http://www.sanfroilan.info/

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook