Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chega o San Brais

    orquesta-abanico-2009-cartel1Cartel 2009 da orquestra Abanico. A orquestra rianxeira actúa no Sar (Santiago de Compostela) no día de San Brais

    MÉRCORES 3 .- SAR - SANTIAGO DE COMPOSTELA: ORQUESTRA ABANICO

    Aínda que a maioría das celebracións do San Brais serán a vindeira fin de semana, no Sar (Santiago de Compostela) celebrarán no día propio a festa con música de primeira categoría: a orquestra ABANICO de Rianxo será a encargada de amenizar a verbena.

    Mañá mércores, polo tanto, os amantes da festa teñen unha cita en Sar coa orquestra rianxeira que presenta as súas novas incorporacións. A máis soada de todas elas é a da cantante Eva Iglesias, procedente da orquestra MARBELLA, pero hai máis fichaxes nesta formación musical.

    Os de ABANICO están a preparar o novo tour a conciencia e entre as novidades podemos destacar un novo repertorio moi bailable, sen perder a esencia da orquestra traballada desde 2002, e todo o que conlevan os cambios de compoñentes na orquestra: actualización da páxina web e presentación do novo cartel no que xa está a traballar a dirección da orquestra.

    O cartel que presenta a entrada no blog corresponde a 2009, a falta de que se remate o de 2010. Nel podemos ver as anteriores cantantes de ABANICO, Estefanía e Cristina, que xa están integradas nas súas novas formacións: SUAVECITO ORQUESTA e GRUPO LIMÓN respectivamente. O novo cartel da formación musical rianxeira coas fichaxes 2010 estará exposto en Festa a Festa en canto o presente a orquestra... mentres tanto, a bailar con ABANICO!!!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook