Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chega un novo estilo de facer festa: grupo África

    África 2011 - grupo - cartelCartel promocional de África para 2011

    Desde Santiago de Compostela chega un novo grupo que vai dar moito que falar: ÁFRICA; unha nova forma de ofrecer festa, un novo estilo verbeneiro.

    Oito profesionais da verbena xúntanse neste novo proxecto que pretende facerse un oco entre os primeiros postos da verbena galega; todos eles experimentados músicos e vocalistas procedentes de recoñecidas orquestras (Ana Puñal, por exemplo, ex MILLENIUM entre outras; Karol Augusto, ribeirense que estivo en SALSA ROSA, ou o vocalista principal, ex JOCKER ou BRUJAS) ofrecerán desde abril o novo proxecto polas verbenas e salas de Galicia.

    Esta é a carta de presentación da nova banda musical: "O GRUPO ÁFRICA abre o seu telón na tempada 2011 das verbenas galegas para ofrecer un novo tipo de espectáculo dirixido a públicos de todas as idades. Cunha formación de oito músicos con ideas innovadoras e moitas ganas e ilusión por chegar aos corazóns da xente co seu bo facer musical e a súa simpatía. Esta idea xorde da man de músicos con recoñecida experiencia no mundo das verbenas galegas. Cun repertorio que abarque todos os estilos musicais que o público reclama pero sempre dando un toque distintivo con idea de crear unha marca propia, empezando humildemente pero con moitas ganas de medrar e facerse un sitio nas noites festeiras".

    Moitos éxitos desexamos para o grupo ÁFRICA e de seguro gozaremos das sáus actuacións en breve.

    África 2011 - grupo - cartel compoñentes (I)Dianteira de África para 2011

    África 2011 - grupo - cartel compoñentes (II)

    Cadro de músicos do novo grupo África

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook