Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chegan as festas de Folgoso

    abegondo-folgoso-2010-cartel

    Un ano máis están aquí as festas de Folgoso (Abegondo). O día grande é o primeiro, xornada na que ten lugar a churrascada e a actuación principal.

    O campo da festa de Folgoso ten dous niveis. No superior colócanse mesas de madeira para a festa gastronómica, e desde alí vese o escenario da orquestra por enriba dos festeiros que están no nivel inferior. A primeira actuación é sempre unha orquestra das consideradas "grandes", e se o ano pasado actuou PANORAMA, este ano tócalle á PARÍS DE NOIA.

    O sábado, nova xornada de festa cunha orquestra que leva todos os estilos de música, a FANIA BLANCO SHOW. E o domingo aínda haberá outra actuación en sesión vermú dun grupo musical para rematar as festas de Folgoso; referencia non só no concello senón en toda a comarca.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook