Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chegou a fin de semana de Folgoso

    Abegondo 2011 - Festas en Folgoso - cartelA orquestra Panorama abre as festas en Folgoso

    No concello de Abegondo, Folgoso é unha das parroquias cunha das festas máis famosas da comarca. Ano a ano os veciños da localidade esfórzanse por ofrecer aos visitantes (e gozar eles tamén) dunhas festas de primeira categoría. Cada edición pasa por Folgoso unha das consideradas grandes orquestras para abrir as festas. O ano pasado era a orquestra PARÍS DE NOIA a encargada de inaugurar os festexos, este ano, igual que hai dúas edicións, será a orquestra PANORAMA, que se converte na formación musical que máis repite nestas tradicionais celebracións.

    A orquestra caldense comezará a actuación inmediatamente despois da gran churrascada que xa é tradición no campo da festa de Folgoso.

    E o segundo día de verbena estará amenizado pola orquestra coruñesa CENIZA. Cunha dianteira composta por Alexander, Alejandra Pais e Lidia Sueiro, a formación musical trae o seu novo repertorio moi bailable e verbeneiro ás festas de Folgoso, que rematarán o domingo coa música dun dúo musical. MANOLA E MANOLO poñerán as últimas notas musicais en sesión vermú para cerrar, de seguro, outra edición exitosa.

    Un ano máis, en Folgoso vaise encher o campo da festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook