Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Diciembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chegou a hora bruxa ás nosas festas

    La hora bruja 2011 - trío - cartelLa Hora Bruja, novo trío de experimentados músicos para todo tipo de eventos festivos

    De cara á nova temporada que xa comeza hai cambios importantes nalgunhas formacións, a desaparición dalgunha agrupación, e o nacemento de novas orquestras, grupos e tríos musicais. É o caso de LA HORA BRUJA, un trío de experimentados músicos para ter moi en conta á hora de contratar calquera tipo de evento e, por suposto, as verbenas e festas populares.

    LA HORA BRUJA promete sorprender e sobre todo contentar a todo tipo de público. Na carta de presentación da agrupación musical queda moi claro:

    "Se abre el telón y aparecen tres jóvenes apasionados por la música, cargados de experiencia e ilusión y con unas ganas tremendas de trabajar. ¿Cómo se llama la película? LA HORA BRUJA.

    Se abre el telón y aparecen tres amigos aunando esfuerzos para confeccionar el repertorio perfecto, directo al grano y sin rodeos, con más de 50 canciones listas para que nadie se quede sentado. ¿Cómo se llama la película? LA HORA BRUJA.

    Se abre el telón y aparecen tres personas con tres vestuarios diferentes por si la ocasión lo requiere. ¿Cómo se llama la película? LA HORA BRUJA".

    Pero o máis importante desta nova historia musical é a calidade humana e musical dos seus compoñentes: Ezequiel, Kim e Deborah. O primeiro chega desde o grupo pontevedrés TRIUNFO despois de asinar unha moi boa temporada. Ademais, Ezequiel Arranz foi durante anos a voz principal do grupo TORNADO e despois formou parte de AMISTAD de Vigo. O seu compañeiro Kim procede dunha das grandes orquestras galegas de baile, PASSARELA, e en canto á voz feminina, Deborah, tamén traballou nun trío de músicos hai algúns anos e agora decide retomar a súa andaina profesional neste gremio.

    Darán moito que falar e, sobre todo, boa música e diversión garantida, que, ao fin e ao cabo, é o que todos queremos nunha festa. LA HORA BRUJA está xa agardando por ti, algo se move nas festas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook