Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Chegou o día da romaría máis famosa de Cabana

    Canadá 2011 - orquesta - cartelAs orquestras Canadá e Nevada amenizan a primeira xornada de festa nas inmediacións da ermida de San Fins do Castro (Cabana de Bergantiños)

    San Fins do Castro, romaría famosa no concello de Cabana de Bergantiños. Como cada primeiro de agosto chegan á localidade milleiros de romeiros para visitar a capela e gozar dunha festa moi arraigada en todo Bergantiños e Costa da Morte.

    Festa Galega de Interese Turístico onde milleiros de persoas acompañan en procesión o traslado da imaxe do santo á ermida de San Fins do Castro. Alí os romeiros deben mollarse coa auga do manancial para curar as verrugas. Ao medio día lévase a cabo a queima do Santo da Pólvora e o Berro Seco, momento no que as voces dos visitantes se unen ás do párraco de Cesullas en tres fortes berros.

    Celebración que trae á ñocalidade dous días de verbenas, o primeiro (día grande) a cargo das orquestras CANADÁ e NEVADA e o segundo (mañá martes) da man do grupo D'MODA.

    D'Moda 2011 - grupo - cartelO grupo D'Moda cerra as celebracións da popular romaría no concello de Cabana

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook