Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Choco de Redondela e viño de Betanzos

    redondela-festa-do-choco-2010-cartelCartel promocional da nova edición da festa do Choco, en Redondela

    Esta fin de semana poderiamos realizar unha ruta gastronómica aproveitando varias festas de sona como son a do Choco en Redondela, e a do Viño de Betanzos.

    O programa da XXIX Festa do Choco de Redondela inclúe degustación deste produto en diferentes pratos e empanadas, feira de artesanía e concurso culinario co choco como estrela da festa. Por experiencia propia estas son unhas festas moi agradables polo produto de máxima calidade, o programa variado e o entorno privilexiado á beira do río.

    E como en toda festa que se prece, haberá verbenas: o sábado actuarán ANDURIÑA e o grupo ALCOTÁN e o domingo a LAMAS acompañada dun trío musical.  Como vén sendo habitual, haberá un gran recinto de atraccións de feira.

    E para acompañar o choco cun bo viño podemos ir ata As Mariñas. Alí terá lugar a XXV edición da Festa do Viño de Betanzos. Esta celebración ten lugar na avenida do Carregal. Alí instalaranse os stands da feira, no polideportivo cuberto, e as atraccións. Tamén haberá verbenas: o venres actúa a orquestra TV NORDÉS, o sábado MONTES de Narón e o domingo cerra a orquestra coruñesa ALARMA. Máis información da festa betanceira na entrada do venres de Festa a Festa. Aquí queda o programa de Redondela:

    redondela-festa-do-choco-2010-programa

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook