Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Choco de Redondela e viño de Betanzos

    Redondela 2011 - Festa do choco - cartel

    Esta fin de semana poderiamos realizar unha ruta gastronómica aproveitando varias festas de sona como son a do Choco en Redondela, e a do Viño de Betanzos.

    O programa da XXV Festa do Choco de Redondela inclúe degustación deste produto en diferentes pratos e empanadas, feira de artesanía e concurso culinario co choco como estrela da festa. Por experiencia propia estas son unhas festas moi agradables polo produto de máxima calidade, o programa variado e o entorno privilexiado á beira do río.

    E como en toda festa que se prece, haberá verbenas: o sábado actuarán os grupos 5º AVENIDA e HIROSHIMA. O domingo será o día grande e musicalmente falando estará a cargo dos grupos ARENA e ALCOTÁN (que xa actuou a pasada edición en Redondela). Por outro lado, como vén sendo habitual, haberá un gran recinto de atraccións de feira e o luns celebrarase o DÍA DO NENO coas atraccións a prezos reducidos.

    E para acompañar o choco cun bo viño podemos ir ata As Mariñas. Alí ten lugar unha nova edición da Festa do Viño de Betanzos. Esta celebración ten lugar na avenida do Carregal. Alí instalaranse os stands da feira, no entorno do polideportivo cuberto, e as atraccións. Tamén hai verbenas, e igual que en redondela, tamén con recortes que afectan ao domingo: o venres actuou a orquestra MIRAMAR, e o sábado NOVA IMPERIAL. O domingo ten lugar o xantar para todos aqueles que queiran. A comida pódese mercar ou levar da casa. Esta iniciativa lévase a cabo desde o ano pasado.

    Agora só cabe agardar que a auga non estrague a xornada de domingo...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook