Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Churrascada coa "nova" Galilea

    san-sadurnino-bardaos-2010-cartel-churrascadaA orquestra Galilea 2011 actúa esta noite en Bardaos

    En Bardaos, no concello de San Sadurniño, se non cancelan a festa, teñen hoxe programada unha cita coa gastronomía e a verbena. Unha gran churrascada "a fartar" e a música dunha das orquestras mellor consideradas do momento, a GALILEA.

    E hoxe a orquestra da Estrada trae importantes novidades, das súas novas cantantes: Krystie Jiménez (ex MARBELLA) e Tamara NAJE (ex SUAVECITO) son xa as novas voces femininas dunha formación musical que cada ano vai a máis.

    Tanto unha como a outra teñen xa unha traxectoria importante no mundo da verbena. Krystie xa estivo nas filas de ARMONÍA SHOW e, onde se fixo moi famosa, OLYMPUS durante varias temporadas. Despois de facer a xira 2010 de MARBELLA, agora chega á orquestra estradense para continuar alí a súa carreira profesional. Tamara Naje xa estivo tamén noutra etapa de SUAVECITO e na PARÍS DE NOIA. Son dúas boas fichaxes que axudarán a que a GALILEA se posicione como unha das mellores formacións verbeneiras de Galicia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook