Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Churrasco, sardiñas e boa música no Temple

    orquesta-juan-mallo-2009-cartelA orquestra Juan Mallo será a encargada de clausurar as festas do Temple (Cambre) o próximo domingo

    Os veciños do Temple (Cambre) deberon coller envexa dos seus colegas do Burgo (Culleredo), porque xa había anos que as populares festas da localidade non se celebraban e moitos dos habitantes da zona consideran súas as do Burgo, á outra beira da ría, separadas só por unha pequena ponte. As festas do Burgo, en xullo, rivalizaban coas do Temple, en setembro, pero as segundas acabaron desaparecendo.

    Hai un par de anos que no Temple volven soar aires de festa, aínda que xa non son en setembro senón por estas datas para que non coincidan con outras celebracións do concello ou concellos limítrofes. Hai que ter en conta que o Temple, aínda que pertence a Cambre, está lindando cos concellos de Culleredo e Oleiros.

    O caso é que os veciños da localidade cambresa non queren quedar sen festas e por iso estes tres días animan a acudir ás súas celebracións. Hoxe venres con churrascada e a verbena a cargo de LOS ESPAÑOLES, mañá sábado con sardiñada e música a cargo de VERANO AZUL, e para rematar o domingo, a orquestra coruñesa JUAN MALLO. Sen dúbida unha boa proposta musical e gastronómica ás portas do San Xoán.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook