Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ciclón abre as festas do Burgo

    Culleredo 2012 - Festas patronais do Burgo - cartel A localidade cullerdense do Burgo, a poucos quilómetros da Coruña, abre hoxe as súas festas coa actuación do grupo CICLÓN. Un gran recinto de atraccións de festa para pequenos e maiores, onde faltan este ano algúns clásicos como a Pala (Viking Show), a noria ou o Explorer pero continúan outros como os autos de choque, o saltamontes, o Barco Pirata ou o Boomerang e unha gran oferta de atraccións infantís, a tradicional churrascada e a gran sesión pirotécnica son as citas máis importantes nas populares festas cullerdenses.

    CICLÓN, ARMONÍA SHOW, COSTA OESTE, PALLADIUM, CINEMA ou FOLIADA no apartado das verbenas, as tradicionais charangas e a actuación dun grupo de rock e por primeira vez unha discoteca móbil enchen o apartado musucal á beira da ría do Burgo, en pleno paseo marítimo, lugar moi agradable para gozar dunhas festas que, a pesar da crise, seguen sendo referencia na área coruñesa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook