Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ciclón celebra o aniversario na casa por todo o alto

    Grupo Ciclón - 2010 - 035 - Ribeira

    Chegou o día esperado. O grupo compostelán CICLÓN actúa esta noite na Alameda de Santiago, tal como viñemos informando ao longo da semana. Alguén incondicional do grupo subirá esta noite ao escenario e ao avión, unha avioneta de case oito metros de longo que esta temporada sucará o ceo de toda Galicia. Novidades no repertorio e na montaxe, aínda máis espectacular e por enriba do esperable nun grupo verbeneiro, máis acorde cunha grande orquestra espectáculo.

    E as festas compostelás continúan con outras actividades. Ao mediodía de hoxe celebrouse a Festa dos Maiores en Amio, unha cita xa tradicional, que este ano contou coa actuación da orquestra MAGOS DE ESPAÑA. E xa desde a tarde houbo exhibicións de graffity e concertos que achegan outros tipos de música. As celebracións continúan ata mañá...

    Grupo Ciclón - 2010 - 058

    santiago-de-compostela-2011-ascension-cartel_pagina_091

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook