Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ciclón comeza a súa xira 2012 "Un nuevo Sol"

    Ciclón 2012 - grupo - cartel

    Impresionante a nova imaxe para o grupo CICLÓN. Se xa intuíamos que o novo afiche da formación ía transmitir a forza coa que arranca a "nova" formación, en vista dos resultados parece que nos quedamos curtos, porque o novo cartel pode ser un dos máis impactantes da temporada.

    Do grupo compostelán CICLÓN que coñecemos ata 2011 queda pouco ou queda moito segundo se mire. Poucos son os compoñentes que seguen desde o principio, tendo en conta que Kiko Melio (teclados e voz) e Noelia (voz) son socios nesta historia musical que comezaba con éxito hai xa seis anos cun vello camión pegaso serigrafiado en cores estridentes. Pero dese grupo CICLÓN queda moito se temos en conta a filosofía da banda, que segue a ser a mesma desde o principio. CICLÓN hoxe é máis grande (en todos os sentidos), pero a idea coa que naceu a formación segue invariable. Agora a banda achégase máis a unha orquestra polo seu número de membros, pero en canto á forma de ser quere seguir conservando esas características que a fan única. Cos cambios para esta temporada CICLÓN vai ser unha formación cun toque máis moderno e a incorporación de novos músicos vaise notar no resultado final, obviamente. Pero seguirá sendo aquel grupo divertido que non deixaba indiferente a ninguén.

    Intuímos e desexamos que 2012 vai ser unha boa temporada para CICLÓN. Eles están aí de novo, con máis forza que nunca.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook