Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ciclón faite voar

    Grupo Ciclón - 2010 - 043 - RibeiraO grupo Ciclón presenta esta fin de semana novidades na montaxe para o tour 2011 / © Foto: roxegar 2010

    O señor Manuel dicíame o ano pasado que ao paso que iamos coa "guerra de escenarios e de montaxes, cantantes que baixan do teito, que soben do chan saíndo dun baúl, gaiolas que se moven coma se fosen péndulos, escaleiras e alfombras voadoras, etc., só faltaría ver un avión nun palco". Pois parece que esa expresión se vai facer realidade, e non no escenario de ningunha das consideradas "grandes" (en canto a medios, enténdase); o grupo compostelán CICLÓN quere asombrarnos este ano cunha montaxe espectacular e parece que o conseguirá, coma sempre.

    Noelia e compañía teñen preparadas moitas sorpresas para esta nova xira, e ao repertorio cañeiro e contundente achéganlle unha posta en escena digna das grandes orquestras mediáticas. Non en van o grupo arrastra, coma aquelas, multitude de público, sobre todo xuventude pero sen descoidar tampouco a xente máis veterana.

    Pois no escenario de CICLÓN vai suceder algo esta fin de semana, e parece que vai de avións..., si, un avión nun escenario..., cando o vexa o señor Manuel!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook