Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ciclón retoma a festa cancelada de Herbogo

    Grupo Ciclón 2012 - datas de xullo[Clica na imaxe para ver a maior tamaño as datas de xullo do grupo Ciclón]

    Mal día para o grupo CICLÓN o pasado domingo. Un día para esquecer, pero puido ser peor. Á fin e ao cabo non ocorreu ningunha desgraza persoal cando a tarima onde van os instrumentos (teclados, batería...) se veu abaixo antes de comezar a actuación. Pasaba en Herbogo (Rois) e o incidente obrigou a suspender a festa con CICLÓN na localidade. Se aínda está recente o susto que levaron os montadores de FILADELFIA en Malpica, o de CICLÓN ven a engrosar a lista de incidentes cos escenarios e as montaxes en 2012.

    Desde a dirección da orquestra agradeceron toda a axuda prestada por asistentes, membros da Comisión de Festas e compoñentes do dúo ÓBICE CAPITAL, que compartía noite coa formación santiaguesa. O luns desde CICLÓN valoraban poder actuar esa noite, cousa que ao final foi posible. O grupo retomaba só un día despois o seu calendario de actuacións.

    Pois esta tarde CICLÓN estará, por fin, en Herbogo para cumprir o seu compromiso. Tamén haberá unha sesión de DJ para completar a noite. O grupo musical segue mirando cara adiante facéndolle fronte ás adversidades

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook