Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cita festeira no barrio coruñés do Ventorrillo

    A Coruña 2011 - Festas do Pilar no Ventorrillo - cartel

    É unha das poucas festas que quedan na cidade da Coruña. E non será que practicamente todos os barrios coruñeses tiñan as súas festas ata hai uns anos. Festas como as dos Mallos, Agra do Orzán, A Gaiteira, Monelos… pasaron definitivamente á memoria festeira e semella que nunca volverán a celebrarse. Outras seguen aí loitando por sobrevivir a unha forma de vida que parece que non as considera. As do Ventorrillo xa levan máis dunha década celebrándose. Son das últimas no calendario festeiro coruñés e organízanse para conmemorar o día da patroa parroquial, a Virxe do Pilar.

    Noutros anos eran dúas orquestras diarias as que actuaban no barrio; iso si, sempre de primeira liña como aínda hoxe. Tamén hai que lembrar que nalgunha edición a festa só se celebraba durante dous días fronte aos tres ou incluso catro das últimas edicións.

    E a esas volvemos, a crise recorta á metade os días de celebración no barrio. Pasamos das catro xornadas festivas do ano pasado a só dúas, por iso hai que aproveitar mellor, se cabe, o programa festivo. As orquestras FOLIADA (martes) e VERSALLES (mércores) serán as encargadas de amenizar os festexos dun barrio que se resiste, como os do seu entorno, a quedar sen festas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook