Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cita importante en Vizoño

    Abegondo 2011 - Festas de Vizoño - cartelDurante tres días haberá ambiente de festa en Vizoño

    Outro ano máis a localidade de Vizoño celebra as súas festas. Durante tres días por terras de Abegondo oiranse sons festeiros da man de dúas grandes orquestras e un grupo musical. PANORAMA co seu Planet Tour 2011 será a primeira en tocar para o público da localidade que xa coñece a orquestra doutras temporadas. A formación musical estará acompañada por outra banda para a noite do venres, primeira verbena á que antecederá a xa tradicional churrascada.

    Para a noite do sábado outra das grandes: JERUSALÉN e a súa xira De tú a tú. A orquestra xa amenizará a sesión vermú antes de facer unha impresionante actuación de noite como xa nos ten acostumados.

    O domingo haberá só sesión vermu, como nestas últimas edicións, a cargo do dúo PERFIL. Vizoño ofrece un ano máis un dos carteis de maior calidade da zona.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook