Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Citas inescusables de San Brais

    caldas-de-reis-cesar-san-clemente-2010-cartelCartel de San Clemente cos actos preparados para a festa de San Brais

    Dúas citas para salientar esta noite de sábado. Son dúas das moitas celebracións de San Brais que teñen lugar esta fin de semana. Aínda que o propio día foi o mércores pasado, a maioría dos lugares que celebran esta festividade trasladaron as festas para a fin de semana. Por unha banda en Cesar - San Clemente, no concello de Caldas de Reis, festa de San Brais coas orquestras ACHÉ e PHILADELPHIA. No apartado gastronómico chocolate con churros gratis para todos os asistentes ao final da verbena.

    arteixo-2010-vilarrodris-festa-de-san-brais-cartel

    Doutra banda máis ao norte, en Vilarrodrís, no concello de Arteixo, festa do mexillón e verbena coa orquestra OLYMPUS para celebrar o San Brais. Esta convocatoria festiva podería valernos como adianto ás festas do verán que se celebran nesta mesma parroquia, no mes de xullo, na honra da virxe da Luz. Pero hoxe a cita é máis gastronómica e festiva que relixiosa, e para que a crise non sexa un problema, as racións levarán prezos anticrise. A actuación musical da OLYMPUS de Negreira será completada polo grupo HECHIZO e no campo da festa haberá carpa con calefacción.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook