Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Combinación perfecta en Visantoña

    Olympus 2013 - orquesta - cartelOlympus cerra en Visantoña o completo programa da Festa da Xuventude

    Cartel de primeira para a Festa da Xuventude de Visantoña. Tres formacións musicais ben coñecidas e un tanto diferentes entre si, o que fai que a programación festiva nesta localidade do concello de Santiso sexa moi completa e atractiva. O grupo AMÉRICA e as orquestras SUAVECITO e OLYMPUS conforman un espectacular cartel que ofrecerá música moi bailable, temas pouco frecuentes nos campos da festa e moito espectáculo.

    A orquestra SUAVECITO será a primeira en actuar esta noite de venres a partir das 23.00 horas. Temas bailables e clásicos do rock e do pop que darán paso ao repertorio característico do grupo AMÉRICA. E xa a partir das 02.00 horas a música espectacular de OLYMPUS. A orquestra de Negreira está a días de estrear a súa nova xira Burlesque, aínda que vai ofrecendo temas novos nas actuacións previas destas semanas, polo que a sorpresa e a novidade no repertorio non se perden.

    Non se pode negar que o cartel en Visantoña é dos máis completos do momento, con formacións e música para todos os públicos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook