Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Combo Dominicano festeiro e solidario

    El Combo Dominicano 2014 - I Gala Solidaria - cartel

    A segunda actuación de EL COMBO DOMINICANO en Galicia, na súa xira 2014 é moi especial. Ademais da música da popularísima orquestra, esta cita ten un matiz solidario de importancia. A orquestra colabora nunha iniciativa organizada en Santa Comba para acadar fondos de alimentos para poder repartir entre os máis necesitados.

    Este tipo de fórmulas son cada vez máis utilizadas ultimamente para poder colaborar con aquelas asociacións e institucións encargadas de mitigar as necesidades dos máis desfavorecidos, e se non hai moito acudiamos a Curro, en Barro, onde se levou a cabo unha acción parecida, agora podemos facer o mesmo en terras do Xallas, pois para poder entrar na festa hai que entregar unha bolsa de alimentos, preferentemente leite e aceite, que se doarán a Cáritas.

    Ademais da orquestra EL COMBO DOMINICANO, que actuará nesta I Gala Musical Benéfica El Combo Solidario, participan na iniciativa o Concello, a Fundación Amigos de Galicia e as cadeas de supermercados Gadisa e Vegalsa-Eroski (a través da enseña Eroski/center).

    Unha boa oportunidade para ver e gozar do novo repertorio de EL COMBO DOMINICANO ao mesmo tempo que achegamos o noso gran de area cunha causa solidaria.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook