Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Noviembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Comeza a temporada de inverno 2013 en varias orquestras

    Metrópolis 2013 - Presentación - cartel

    Entre a noite do venres 30 e o sábado 1 varias recoñecidas orquestras e grupos comezan oficialmente a temporada 2013. Uns meses que van supoñer principalmente actuacións en locais de ocio e restauración en detrimento das festas de campo -aínda así algunha haberá, baixo carpa-. Nomes tan coñecidos como PARÍS DE NOIA, PALLADIUM, MARBELLA ou PANAMÁ así como o grupo METRÓPOLIS arrancan xa o calendario de actuacións cos novos compoñentes en todas estas formacións, e aínda que a temporada "oficial" non empezará ata abril e será a partir daquela cando veñan os cambios nos escenarios, as coreografías novas e actualización de repertorios, algunhas delas xa nos regalarán algún cambio no repertorio.

    OLYMPUS, GRAN PARADA (nunha festa no barrio coruñés do Ventorrillo), PONTEVEDRA ou a padronesa CHARLESTON BIG BAND comezarán nova etapa na noite do sábado. A primeira delas, OLYMPUS, xa anunciou algunhas novas cancións e moitos dos seus fans están espectantes ante a volta dun dos seus membros antigos máis recoñecido e admirado: Mero Afonso volve formar parte da orquestra de Negreira, e aínda que non é o único cambio, posiblemente é o máis comentado ao non limitarse o seu traballo a tocar unicamente os teclados. O paso de Mero por sucesivas formacións musicais nos últimos anos (ACHÉ e CICLÓN) notouse, e moito, na posta en escena da formación musical.

    E se falamos de voces, hai cambios en case todas as orquestras que comentamos: Fátima Pego en PARÍS DE NOIA, onde tamén estará o trompetista Javier Compota, procedente de FILADELFIA; Vanesa Ramil desde PARÍS DE NOIA a PANAMÁ, onde tamén entra a maiores Bruno Cores, coñecido sobre todo pola súa etapa en D'MODA ata 2011. A cantante xa ex PARÍS volve a unha orquestra da zona de Ferrol, despois de formar parte de MONTES antes da súa incorporación á formación noiesa.

    Eva Iglesias tamén "volve á casa". Despois do seu paso por ABANICO e CINEMA a cantante regresa á dianteira de MARBELLA onde formara dúo feminino durante varias temporadas con María Caamaño (FILADELFIA). Alí estará con Irene Iglesias para facer unha temporada que traerá cambios no escenario da orquestra pontevedresa. A saída do trompetista Guerra e a entrada de Sandoval é o outro cambio nos compoñentes.

    E a saída de Fátima Pego de PALLADIUM provocou a entrada de Ely Guillén (ex ABANICO) na orquestra de Vilalonga. Neste caso haberá catro cambios que comentaremos noutra entrada; a ocasión meréceo pois PALLADIUM é moi pouco dada a realizar cambios na composición de músicos e cantantes.

    Tamén cambios no grupo METRÓPOLIS: Adrián Hermida e Paula Suárez (ex ALARMA) entran na formación musucal xunto con novo teclista e batería.

    E a padronesa CHARLESTON BIG BAND tamén presentará en horas a súa nova fichaxe no apartado vocal, o popular David Balboa (despois de anos en FILADELFIA) será a nova cara da dianteira da banda de Padrón. Tamén o músico Jacobo García se estrea en CHARLESTON  ao mando dos teclados.

    Tamén cambios moi importantes en CINEMA. A orquestra da que incluso algúns comentaron que se desfacía prosegue a súa andaina cunha renovación case total e con fichaxes espectaculares como os irmáns Romero, procedentes de ALARMA, Vanesa Sosa ou Sandra Llanos na dianteira.

    Na nosa axenda podes consultar todas as datas das orquestras para empezar a gozar xa das novas fichaxes e aínda que o forte virá a partir da primavera, a temporada empeza xa nalgunhas das grandes formacións musicais.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook