Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Comeza na Coruña unha nova xira. Chega a Galicia o swing de El Combo Dominicano

    Orquesta El Combo Dominicano 2014 - cartel presentación

    A popular formación canaria El Combo Dominicano abre xira na Coruña, presenta repertorio actualizado e lanza novo disco

    Un verán máis poderemos gozar de El COMBO DOMINICANO nas verbenas de Galicia. En horas comeza na Coruña a xira dunha das orquestras non galegas máis esperadas. E non é estraño que, un ano máis, a popular banda canaria aterre en terras galegas se temos en conta a grandísima popularidade que veu acadando nestas últimas temporadas.

    Ao Recinto Feiral da Coruña (Expocoruña) chega o swing de EL COMBO na súa primeira actuación en Galicia, para dar paso a un calendario repleto de citas festeiras cos amigos canarios. A baza principal de EL COMBO segue a ser o seu repertorio moi bailable, con ese toque persoal da formación musical, coreografías traballadas e unha dianteira que se fai querer e que deixa ao seu incondicional público sempre satisfeito.

    Ademais, este ano EL COMBO DOMINICANO trae novo disco, que se pon xa á venda desde a primeira actuación, e volve a contar nas súas filas, contra todo prognóstico despois de velo noutra orquestra durante un curto período, con Néstor Peña, para alegría da tropa de fans que arrastra o cantante.

    O swing de EL COMBO DOMINICANO xa está aquí, valo perder?

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook