Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Competencia entre veciños polo mellor Entroido

    Salceda de Caselas 2013 - Entroido en Castro Barreiro - cartelCatro formacións musicais para os dous días de festa en Castro Barreiro e outras catro para A Feira, os dous lugares de Salceda de Caselas compiten como cada ano polo mellor Entroido

    Cartelazo en Castro Barreiro, coma sempre, para celebrar o Entroido. E cartelazo tamén a escasos quilómetros do mesmo concello; A Feira programa como cada ano a súa festa de carnaval. Desde hai moitas décadas os dous lugares do concello de Salceda de Caselas compiten por ter o mellor Entroido. Luns e martes é un ir e vir de tráilers cos escenarios de orquestras e grupos punteiros que nin a crise pode borrar. Se o luns quentan motores nos dous campos da festa con dous grupos e/ou orquestras en cada un, o martes é o día grande e a competencia avívase con nomes moi coñecidos. A rianxeira ABANICO e a de Negreira (non fai falta poñer nome, xa todos sabemos que a de Negreira é OLYMPUS) son as bazas festeiras dos veciños da Feira. En Castro Barreiro non quedan atrás, nin moito menos; o grupo CLAXXON, considerada a formación musical revelación de 2012, e a grande orquestra PARÍS DE NOIA farán todo o posible para "gañar" a "competición" de Salceda de Caselas. O bo, que as festas están tan preto unha da outra que mesmo poderiamos gozar das catro formacións musicais e, seguramente, o resultado final quedará en "táboas" un ano máis. Sen dúbida, dos mellores Entroidos verbeneiros.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook