Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Compostela celebra as patronais ata o día 31

    Jerusalén 2012 - orquesta - cartelA orquestra Jerusalén actuará en Compostela no día grande das festas e na conmemoración do Día de Galicia

    Desde o pasado día 20 a capital de Galicia celebra as festas máis grandes da cidade. Diversas actividades complementan o programa musical con concertos e verbenas ata o último día do mes. As atraccións funcionan na carballeira de Santa Suasana e pola Alameda pasarán algunhas orquestras como JERUSALÉN (hoxe), ISRAEL (o próximo venres), SOLARA (o sábado) e ORQUESTRA DA TELEVISIÓN NORDÉS (o martes 31 para despedir as festas). A formación musical PRIMERA LÍNEA foi a encargada de abrir os festexos e onte, noite grande na que Compostela vibrou co espectácyulo pirotécnico, actuou a orquestra padronesa CHARLESTON BIG BAND.

    Tamén haberá concertos na Praza da Quintana e moitas outras actividades que complementan un cartel marcado polos recortes pero que non deixa de ser atractivo. Para poder consultar a programación podes visitar este enlace:

    PROGRAMACIÓN COMPLETA FESTAS DO APÓSTOLO 2012

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook