Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Á Costa da Morte tamén chegan as festas do 15 de agosto

    orquesta-juan-mallo-2009-cartelAs orquestras Juan Mallo e Armonía Show cerran o martes as festas de Laxe

    orquesta-armonia-show-2010-cartel-dianteira

    A Nosa Señora de Laxe e a Virxe da Xunqueira en Cee, dúas celebracións a ter moi en conta para estes días de agosto. Son das festas de máis público na Costa da Morte neste mes festeiro por excelencia.

    En Cee as actuacións musicais traen artistas e orquestras de renome. En Laxe só haberá orquestras, como de costume, pero os días de celebración son máis que en Cee.

    Para a Xunqueira elaborouse o seguinte programa musical:

    VENRES DÍA 13.- Grupo AMÉRICA e concerto de MANOLO TENA

    SÁBADO 14.- Orquestra SANTIAGO de Madrid e BELISSIMA de Valencia

    DOMINGO 15.- Orquesta SANTIAGO de Madrid e concerto de MARÍA DOLORES PRADERA

    LUNS 16.- Concerto de EFECTO MARIPOSA

    Para a Nosa Señora de Laxe preséntase o seguinte programa musical:

    SÁBADO DÍA 14.- DÚAS GRANDES ORQUESTRAS

    DOMINGO DÍA 15.- Orquestras COSTA AZUL e TANGO

    LUNS DÍA 16.- ENIGMA e LOS PLAYER'S

    MARTES 17.- Orquestras JUAN MALLO e ARMONÍA SHOW

    Para a celebración de Santa Rosa, o día 30 en Laxe, está prevista a actuación da orquestra MARIMBA acompañada doutra gran formación musical.

    Se queres coñecer o programa completo da Virxe da Xunqueira de Cee podes consultalo na páxina web do concello.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook