Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Costa Oeste 2014: un dos estreos máis esperados está próximo

    A orquestra Costa Oeste presentará en maio a súa nova temporada

    Unha desas orquestras que non pasan desapercibidas polo seu bo facer, e que se despedía en 2013 cun "ata pronto", está a piques de saír ao escenario de novo. Cunha renovación total en todos os sentidos, a popular orquestra COSTA OESTE reaparecerá no mes de maio co seu espectáculo Es otra historia, para seguir ofrecendo repertorios de calidade e moito baile.

    Segundo os responsables da orquestra, a formación musical dará un xiro de 180 graos, con novos integrantes, todos eles ben coñecidos no mundo das orquestras, novo repertorio e moitas propostas para seguir ocupando un posto destacado no campo da festa.

    A partir de maio poderemos seguir gozando de COSTA OESTE, unha orquestra renovada que nos irá informando puntualmente de todas as novidades na súa web: www.costa-oeste.com así como nas redes sociais da formación musical.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook