Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Couso: unhas festas con grande empeño

    A Estrada 2012 - Festas patronais en Couso - cartelA crise e os malditos recortes poñen á orde do día moitas festas organizadas por Concellos ou grandes comisións de festas con serias dificultades para seren organizadas e mesmo para continuar celebrándose nas vindeiras edicións.

    Pero ante esta nova situación non podemos esquecernos deses pequenos lugares onde organizar as patronais sempre foi tarefa ardua e que, en tempos de dificultades son as primeiras en quedar desamparadas de toda axuda oficial. En Couso, un pequeno lugar da Estrada, saben ben o que é organizar unhas festas con pouco presuposto e para que queden ben lucidas hai que botar man dunha orquestra asequible e que toque para todo o público.

    Por iso este ano en Couso poderán gozar da orquestra TAMBO; unha formación musical que tiven o pracer de ver o ano pasado en Palmeira (Ribeira) e que presenta un primeiro pase cheo de música de baile onde reinan a cumbia e os típicos temas do verán nos palcos das festas.

    Pero para quen queira escoitar outros estilos musicais a orquestra tamén ofrece festa; porque a formación musical experimenta no descanso un cambio drástico para presentar un segundo pase moito máis contundente onde a guitarra eléctrica se apodera do escenario durante boa parte do tempo.

    Ademais, en Couso tamén poderán bailar co trío GÉMINIS e aínda poderán repetir a festa o día seguinte cunha banda de gaitas. O esforzo ten a súa recompensa e os veciños non quedarán defraudados polo programa festivo de 2012.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook