Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cristina Souto ficha pola orquestra Pontevedra

    orquesta-pontevedra-2012-cristina-souto

    EXCLUSIVA PARA FESTA A FESTA

    Cambio de plans para Cristina Souto. A que soara como primeira fichaxe para a nova orquestra MIAMI SHOW é a nova vocalista da orquestra PONTEVEDRA.

    A incorporación da que foi unha das cantantes de LOS ESPAÑOLES á formación musical pontevedresa non implica que a súa vocalista actual, Mili, abandone a orquestra, pois PONTEVEDRA pasa de ter unha a ter dúas cantantes. Serán catro os vocalistas da nova temporada.

    Cristina Souto formou parte de orquestras como PRINCIPAL ou SOLAMÉRICA, aínda que é moi coñecida polas últimas etapas en LIMÓN, ABANICO e agora en LOS ESPAÑOLES, orquestra da que se despide en breve para incorporarse ao seu novo destino.

    LOS ESPAÑOLES presentarán tamén novas vocalistas para 2012, tanto Cristina como a outra cantante, Lourdes Jardón, abandonan a orquestra.

    Moitos cambios para 2012, entre eles o que hoxe publicamos, a orquestra PONTEVEDRA pasa a unha dianteira de catro vocalistas, o que repercutirá, sen dúbida, na xa gran calidade da formación musical.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook