Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cuarta temporada para Asiria: sinxelamente... festa!

    Grupo Asiria 2014 - cartel

    Novo cartel para o grupo lucense Asiria

    O grupo Asiria presenta nova imaxe para o que será a súa cuarta temporada na verbena galega

    O grupo ASIRIA chega desde Lugo para ofrecer a súa cuarta temporada nos campos de festa. O 31 de decembro de 2009 o grupo lucense facía a súa primeira actuación; desde aquela mantén a súa filosofía de grupo verbeneiro, cun repertorio que comprende todos os estilos predominantes na verbena, moita música de baile pero tamén ofrecendo os últimos éxitos da actualidade, todo iso salpicado con doses de humor para asinar unha actuación o máis amena posible.

    Tamén desde aquela primeira actuación de 2009, ASIRIA mantén o mesmo elenco de artistas. Só houbo un cambio no grupo no segundo ano, o técnico de son, polo demais os músicos e voces seguen a ser os mesmos de sempre:

    Vanesa Lence (voz)

    Iván Fernández (voz)

    Noé Rivas (guitarra)

    Manu Casteleiro (baixo)

    Pablo Parra (teclados e acordeón)

    Paco Carballeira (batería)

    Mitxi Grobas (técnico de montaxe)

    Rober Pita (técnico de montaxe e chófer)

    Desde o punto de vista técnico, o grupo ASIRIA dispón dun tráiler-escenario de 16,5 m de ancho, 7 de alto y 6 de fondo, equipado con 60.000 W de iluminación e equipo de son Line Array de 20.000 W. Pódese contratar para as festas a través de Lugonorte de Espectáculos.

    A formación musical tamén dispón de páxina en Facebook www.facebook.com/grupoasiria onde nos manterán informados das novidades e datas de actuación. Comeza xa a cuarta temporada do grupo, e vai facer bandeira, de novo, do seu slogan: ASIRIA, sinxelamente... FESTA!

    Desde a dirección de ASIRIA queren aproveitar a ocasión para agradecer desde Festa a Festa o seu apoio a toda a xente que confiou e segue confiando no seu traballo e a todos os compañeiros e amigos que achegaron desinteresadamente o seu gran de area para que este proxecto siga sendo unha realidade, en especial a Manolo "Roimil" e familia (orquestra VENEZIA) por todos os seus consellos e axudas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook