Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Da Barca de Muxía á Barquiña de Ponteceso

    Ponteceso 2011 - Festas da Barquiña - cartelComa sempre, coa Barca de Muxía coincide no calendario, a maioría dos días, a Barquiña de Ponteceso, as festas máis importantes da terra de Pondal.

    Se catro días de festa hai na Barca, catro tamén son os de Ponteceso. De venres a luns na primeira localidade, de sábado a martes na segunda. Programa musical moi variado tendo en conta o cartel verbeneiro: Para o primeiro día un espectáculo de maxia, un corro mexicano e verbena coa orquestra VERANO AZUL. Para a xornada do domingo a orquestra PRINCIPAL e o grupo ARAMIO farán a verbena. O terceiro día trae a música da orquestra coruñesa JUAN MALLO e da cántabra HOLLYWOOD, e xa para rematar o martes AMÉRICA SL e a orquestra CAPITOL poñerán o broche final. En Ponteceso comezan catro días de festa rachada para competir con Muxía. Ha de haber para todos!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook