Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Das máis antigas de Galicia: As Quendas 2012

    Mondoñedo 2012 - As Quendas - cartelAta o martes día 1 a festa está en Mondoñedo: As Quendas 2012, unha das celebracións máis antigas de Galicia

    E volta a empezar. Hai tres anos abríamos a información das festas co cartel das Quendas mindonienses. É por iso que lle temos certo cariño a estas celebracións cando chegan estas datas. Porque esta fin de semana tamén se celebra unha das festas con máis sona da provincia de Lugo: AS QUENDAS de Mondoñedo. O comezo destas celebracións data do século XVI aínda que as máis antigas de Galicia son as festas grandes mindonienses, AS SAN LUCAS, que se fan no mes de outubro xusto a continuación do SAN FROILÁN lucense.

    AS QUENDAS forman parte dese grupo de festas que se foron perdendo e nos últimos anos se recuperaron para deleite dos veciños e visitantes. No programa destacan as verbenas con boas orquestras (RITMO JOVEN, PASSARELA, TRÉBOLO, COMPOSTELA, SUAVECITO, PRINCIPAL e LOS SATÉLITES), a Festa da Empanada (o martes día 1) e outras actividades como o tradicional concurso de gando, degustación de carne de poldro, bandas de música, concentración de autocaravanas, teatro, xogos populares, etc.

    Unha boa escusa para achegarse estes días a Mondoñedo.

    Para unha información máis concreta podes consultar o programa das festas na páxina web do concello: www.mondonedo.net

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook