Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dúas propostas de baile en Merín

    Vedra 2012 - Festas de San Cristovo de Merín - fotoEn Vedra celebran as festas de San Cristovo na parroquia de Merín durante esta fin de semana (sábado e domingo). Alí están convocadas dúas das mellores orquestras de baile do momento: LOS SATÉLITES e CAPITOL. A festa está asegurada para a primeira xornada e será moi fácil espantar o frío do corpo cos repertorios 100% bailables destas dúas formacións musicais de renome.

    O domingo toca música de bandas: a de SANTA CRUZ DE RIVADULLA e a CULTURAL DE TEO serán as encargadas tanto a mediodía como pola noite. Unha gran sesión de fogos de artificio dará por concluída a celebración ata o vindeiro ano.

    A noticia está ilustrada cunha fotografía que nos envía Jorge Carreira desde o mesmo campo de festas. No noso Facebook podes ver máis referentes a esta celebración.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook