Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De case todo en Expoordes

    Ordes 2012 - Expoordes - programa

    A última fin de semana de abril destes catro últimos anos tiña lugar unha importante cita en Ordes, a Gala contra o Cancro promovida pola orquestra PANORAMA. Desta vez non vai ser así, a Gala celebrarase en Vilagarcía de Arousa, igual que o festival BRINCADEIRA, outra das citas importantes do concello, será en Cambre no mes de agosto.

    O que si manteñen en Ordes son outro tipo de celebracións, como a Festa do Champiñón hoxe domingo, incluída na feira multisectorial EXPOORDES. Aínda que temos que dicir que hai "case de todo" pois por segundo ano consecutivo falta a verbena do sábado e a sesión vermú con orquestra do domingo. Aínda así haberá moitas actividades programadas e música de charangas, bandas e grupos de gaitas.

    Expoordes trae atraccións para os máis pequenos e unha feira multisectorial plenamente consolidada estes últimos anos. En canto á DEGUSTACIÓN DO CHAMPIÑÓN, serán repartidos 7.000 kgs entre os 130 establecementos participantes e as carpas instaladas no campo da feira (na zona de pubs).

    De case todo hai en Ordes esta fin de semana.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook