Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De cereixas e verbenas

    Versalles 2011 - orquesta - cartel en baixa

    Imaxe 2011 da nova orquestra Versalles

    Paiosaco (A Laracha) aínda non ben se recuperou das festas grandes e xa está de novo de troula. Esta vez celebrando a feira das cereixas, como cada primeira fin de semana de xullo. Aínda que o programa non é tan espectacular como o do Sacramento haberá dúas xornadas de verbenas a cargo de dúas formacións orquestrais: a primeira delas, o grupo SAMBA, unha formación que está triunfando sobre todo nestas dúas últimas temporadas e cun calendario de actuacións dos máis ocupados para o verán. Música moi bailable de todos os estilos, elegancia e humildade no escenario, o grupo SAMBA queda sempre moi ben alá onde toca, de feito é común que repita en moitos sitios onde actuou o ano pasado, e máis aínda coa renovación da voz masculina, Álex Costas, líder de AMÉRICA SL durante máis de 10 anos.

    No descanso de SAMBA aínda haberá outra atracción musical; subirase ao escenario a coñecida cantante PILI PAMPÍN na noite grande da Festa das Cereixas.

    Samba 2011 - grupo - cartelImaxe do grupo Samba para a nova temporada. A formación musical actúa esta noite xunto a Pili Pampín

    E mañá é día de feira, como cada primeiro e terceiro domingo de mes; unha das feiras máis importantes de toda a zona de Bergantiños e incluso da Coruña. Tamén mañá haberá verbena, a cargo da renovadísima VERSALLES, formación na que non queda case ningún músico ou cantante da anterior edición (lembremos que a maioría ingresaron na nova orquestra CANADÁ). Aínda así a orquestra coruñesa ten profesionais da verbena nas súas filas, liderados por Raúl "El Gallo", carismático cantante da orquestra JUAN MALLO, entre outras. VERSALLES presentará o novo plantel en Paiosaco mañá en sesión vermú e noite.

    Baile en Paiosaco e atracón de cereixas, boa festa!!!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook