Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De festas e troitas

    oroso-sigueiro-2010-festa-da-troita-cartelCartel promocional da XIV Festa da Troita de Sigüeiro, desde hoxe ata o domingo

    XIV FESTA DA TROITA DE SIGÜEIRO

    Xa chega outro ano máis unha das festas máis importantes do concello de Oroso e os seus arredores. Na pequena localidade de Sigüeiro ten lugar a Festa da Troita, que vai xa pola edición número 14.

    A da Troita de Sigüeiro foi declarada o ano pasado Festa de Interese Turístico, e para celebrar este acontecemento o Concello ten preparada toda unha serie de actos lúdicos que ben seguro farán subir a cifra de participación da pasada edición, estimada en 30.000 persoas.

    Unha das iniciativas máis aplaudidas é a consolidación do Festival Oroso en Vivo, no que varias das consideradas mellores orquestras de Galicia (CICLÓN e OLYMPUS para o venres; COSTA OESTE e MARBELLA para o sábado) volverán amenizar as noites de Sigüeiro.

    E para rematar a festa o domingo, xa dentro da verbena da troita, actuará a orquestra FANIA BLANCO SHOW, unha agrupación na que a case a metade de músicos e profesionais de ambos sexos pertencen á mesma familia.

    Pero non só haberá música de grandes orquestras. Os veciños e visitantes de Sigüeiro poderán gozar dun Mercado Temático, con actuacións na rúa e áreas de xogos tradicionais infantís; e tamén haberá outras actividades xa tradicionais e que cada ano congregan a milleiros de persoas como o Concurso de Pesca,  a degustación gratuita de troitas ou o Festival Folk.

    A Concentración de coches clásicos é tamén un referente na festa de Sigüeiro. Por experiencia propia animo a toda a xente á que lle gusten estes automóbiles con historia a achegarse a Oroso esta fin de semana (7, 8 e 9 de maio).

    Pódese consultar o programa completo desde Festa a Festa no enlace á páxina do Concello de Oroso. Boa comida e bo baile!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook