Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De Galáctica a Estrella

    orquesta-galactica-2010-kerry-varella-en-directoO vocalista da orquestra Galáctica, Kerry Varella, nunha actuación da temporada 2010 que acaban de cerrar

    Non hai moito tempo publicamos unha extensa entrevista na que Kerry Varella, vocalista da orquestra GALÁCTICA, nos falaba de toda unha vida subido aos escenarios, non só en orquestras senón tamén noutros grupos musicais con diferente público. Na entrevista o cantante expresaba a súa ilusión por continuar na mencionada orquestra pero atendendo sempre as posibles ofertas que puidesen aparecer.

    Pois parece que as diferenzas existentes entre Kerry Varella e a dirección de GALÁCTICA forzan a marcha do vocalista para outra formación musical, e hoxe podemos publicar que o cantante formará parte da formación ESTRELLA xunto con outras tres voces, todas elas femininas.

    Dado que GALÁCTICA rematou a súa temporada a primeira fin de semana de outubro, Kerry podía xa gozar das correspondentes vacacións; pero isto non vai ser posible xa que o grupo musical do que formará parte quedou sen cantante e deberá cerrar a temporada con eles.

    Por unhas razóns ou por outras, o certo é que en ESTRELLA tiveron que cambiar varias veces de cantante durante o verán. Coa entrada de Kerry intentarán buscar a estabilidade necesaria para que a banda musical funcione ao 100% e sen contratempos. Aínda así e a pesar dos continuos cambios de vocalista, a banda xa empezou a ser coñecida durante esta temporada.

    Agora rematarán o ano con novo cantante e poñeranse a traballar xa próxima xira onde quererán ofrecer o seu traballo da mellor maneira posible.

    Boa sorte nesta nova ruta!

    _____________________________________________

    COMUNICADO DE KERRY VARELLA

    Después de una intensa campaña de promoción y las numerosas diferencias musicales y administrativas existentes entre Kerry y orquesta Galáctica, finalmente opta por no renovar y firmar por Orquesta Estrella, una formación joven pero de gran profesionalidad.

    Integrada por músicos de excelente calidad, interpretan su repertorio en riguroso directo, ofreciendo un espectáculo luminotécnico y sonoro de gran calidad con más de 4 horas de música con casi 2 horas de música cañera para el público más marchoso.

    Kerry será el vocalista masculino principal, acompañando a otras tres vocalistas femeninas en la orquesta, lideradas por su veterana cantante Lara, todo un huracán en el escenario.

    Kerry entra de urgencia para cubrir el puesto dejado por dos cantantes en menos de tres meses, que no han logrado aclimatarse a la banda, por causa de diversos problemas.

    Ahora mismo terminará la presente temporada en Estrella, quedando en la formación para iniciar la temporada siguiente.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook