Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De merenda e de festaza en terras de Frades

    Frades 2012 - VII Festa da Merenda en Aiazo - cartelDía grande en Aiazo, e xa van sete anos. Todos de merenda e de festa con dúas das agrupacións que máis xente levan aos campos de verbena: PARÍS DE NOIA e o grupo CICLÓN.

    Se da primeira xa falamos estes días, pois foi unha das orquestras que amenizou dúas grandes citas como Tremoedo (Vilanova de Arousa) e Vila de Cruces; ambas festas da xuventude que conquistaron a miles de seguidores e festeiros, hoxe a formación musical noiesa coincide de novo en Aiazo con CICLÓN. Espectáculo totalmente renovado, aumento de músicos e dianteira, incorporacións moi coñecidas no mundo da verbena, nova proposta máis profesional e moderna (en palabras de Kiko Melio, socio e compoñente do grupo), e moitas sorpresas e sobre todo diversión, que é o fin principal de calquera grupo de baile.

    Merendas, grupos folclóricos e sobre todo, a partir das 18.30, dúas propostas festeiras de nivel. CICLÓN e PARÍS DE NOIA deixarán o listón ben alto, un ano máis, en Aiazo.

    CICLÓN, DATAS DE ABRIL 1. AIAZO - FRADES - A CORUÑA 18:30 (Acompañados por PARÍS DE NOIA) 5. AÑÁ - FRADES - A CORUÑA 22:00 (Acompañados por orquestra ACHÉ) 7. PEREIRAS - MOS - PONTEVEDRA 22:00 (Acompañados pola orquestra GRAN PARADA) 15. PADRÓN - A CORUÑA 22:00 (Acompañados pola orquestra SINTONÍA DE VIGO) 20. VILACHAVE - SOMOZAS -A CORUÑA (Acompañados polo grupo SAMBA) 21. SALA DE FIESTAS CHANTECLAIR 27. IFEVI-VIGO VERBENALIA (Acompañados por las orquestas: COSTA OESTE, CINEMA, ACHÉ) 28. LAMAS- BOQUEIXÓN- A CORUÑA 22:00 (Acompañados polas orquestras: PANORAMA e ACHÉ)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook