Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De tapas e de verbena por Cesuras

    Cesuras 2011 - Dordaño - cartelA orquestra Gran Canaria e o grupo D'Moda amenizan a Festa do Tapeo en Dordaño, Cesuras

    Na localidade de Dordaño celebran as súas tradicionais Festas das Flores un ano máis. E con boa música e novidades. A orquestra GRAN CANARIA e o afamado grupo D'MODA serán os responsables da festa desta noite, e como novidade a I Festa do Tapeo con tapas a 2 €. O domingo continuará a festa coa actuación en sesión vermú dun grupo musical.

    GRAN CANARIA chega por segundo ano consecutivo para facer a súa xira galega. A orquestra estará todo o verán por terras de Galicia para traer a súa música e espectáculo, que este ano trae importantes novidades en canto aos compoñentes e o repertorio, tal como informamos en festa a Festa.

    O grupo D'MODA tamén afronta unha nova temporada co cambio de vocalista feminina. Maythe Leiva ocupa o lugar deixado por Ana Legido. A formación musical de Valga traerá, un ano máis, un repertorio completo e orixinal, cunha posta en escena moi coidada e que resulta moi vistosa dentro das súas posibilidades.

    En Dordaño esta noite haberá música moi diversa da man de dúas formacións musicais que se complementarán moi ben para ofrecer unha completa verbena dirixida para todos os públicos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook