Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De tapas polo Milladoiro

    Ames 2012 - Festa das Tapas no Milladoiro - cartelAínda que as festas de máis sona do Milladoiro son as da Madalena, que teñen como día central o primeiro domingo de agosto, hai diversas celebracións nesta vila, case cidade, a escasos minutos de Compostela. Unha delas é a Ruta das Tapas, unha festa gastronómica que con só varios anos de existencia se está a converter en cita obrigada para veciños da vila, do concello e mesmo de fóra.

    Nesta edición os días de festa serán dous: na xornada do sábado haberá degustación pola RUTA DAS TAPAS con acompañamento musical a cargo de dúas charangas. JJ Y SON poñerá a música de verbena.

    Na xornada do domingo, de novo, outras dúas charangas para a degustación e música do grupo TALISMÁN para a última verbena deste ano.

    E que dicir das tapas! Hai variedade para fartarse: navallas, champiñóns con xamón, churrasco, chourizo, empanadas de múltiples variedades, etc… E aínda quedarán máis cousas por dicir, por iso o mellor é ir aproveitar a Ruta das Tapas esta fin de semana.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook