Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Octubre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Desconecting con Panorama en Paderne de Allariz

    Paderne de Allariz - Actuación Desconecting de Panorama en Figueiredo - cartel 2

    A afamada orquestra pontevedresa ofrece algunhas das súas actuacións especiais estes días.

    Se a fin de semana anterior PANORAMA compartía cartel na Coruña cunha das bandas "tributo" de máis sona do momento e o día despois ofrecía unha gala benéfica, esta fin se demana a orquestra afronta outra das citas esperadas. Despois de levar a cabo durante todo o verán a campaña DESCONECTING por parte da empresa láctea LARSA, na que o premio final consistía nunha especial actuación da banda caldense, xa chegou o día en que os veciños e visitantes poderán gozar da devandita actuación. Será en Figueiredo, Paderne de Allariz, a partir das 19.30.

    Entre outras actuacións programadas, ímonos achegando ao día 31, no que a orquestra ofrecerá unha gala especial, a do 25 Aniversario, no Coliseum da Coruña, para celebrar por todo o alto este cuarto de século nos campos de festa, un tempo no que unha pequena banda que percorría os campos de festa nunha pequena furgoneta Mercedes, foi medrando, mellorando e progresando ata chegar ao que é hoxe: un dos escenarios máis potentes do momento, montaxes espectaculares, catro tráilers, un mini bus e 26 persoas traballando cada noite para que todo saia como se espera.

    Todo isto é para celebrar o vindeiro xoves acompañados por algúns artistas invitados como MÓNICA NARANJO, PASTORA SOLER, BUSTAMANTE ou ANTONIO OROZCO entre moitos outros.

    Entra na páxina web de PANORAMA ou no seu Facebook oficial para manterte informad@.

    Paderne de Allariz - Actuación Desconecting de Panorama en Figueiredo - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook