Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Desmadre festeiro en Taragoña

    Gran Parada 2012 - orquesta - cartelAs orquestras Gran Parada e Charleston Big Band despedirán o próximo domingo as festas de Taragoña, en Rianxo, por onde pasarán oito formacións musicais de verbena

    A localidade rianxeira de Taragoña viste as súas mellores galas para presentar un impresionante programa festeiro. Oito serán as formacións musicais de verbena que amenizarán catro grandes días de festa. A música de banda e de charanga estará presente, tamén, nunhas completas festas de 2012. ABANICO e FILADELFIA (primeiro día), ORQUESTRA DA TELEVISIÓN NORDÉS e NUEVA GENERACIÓN (venres) SALSA ROSA e SAMBA (sábado) e CHARLESTON BIG BAND e GRAN PARADA (cerrando o domingo as festas) serán as orquestras e grupos musicais que pasarán por unha das parroquias máis famosas de Rianxo e que seguirán poñendo a comarca no punto de mira festeiro. Porque se eran as localidades de Aguiño (Ribeira), Cabo da Cruz (Boiro) e Rianxo as que ofrecían celebracións ata hai uns días, desta volta a festa instálase en Taragoña, Xuño (Porto do Son) e Ribeira.

    O Barbanza continúa de festa unha fin de semana máis...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook