Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Diciembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Despedida de ano a ritmo verbeneiro

    A orquestra Versalles estrea na madrugada do 31 para o 1 de xaneiro o seu novo espectáculo marcado pola renovación case total da formación e a súa aposta pola música de baile

    O ano 2011 acábase para darlle a vez a 2012, unha temporada marcada por moitísimos cambios nas orquestras galegas, a presentación de novas montaxes a pesar da crise, a desaparición dalgunhas formacións (non tantas como se esperaba, felizmente) e o nacemento de numerosos grupos e orquestras para amenizar os días de festa.

    E hoxe non podía ser menos. Na nosa AXENDA podes consultar todas as actuacións das orquestras para o último día do ano, e se es dos que queda tranquilamente na casa, poderás ver na TVG a actuación dalgunhas orquestras galegas como ISRAEL, TACÓN e FOLIADA, ademais de artistas como Marta Sánchez, Lucrecia, Ana Torroja, Fangoria, Melendi, Leilía, Mercedes Peón e humoristas como Xosé Touriñán, Marcos Pereiro, David Amor e Isabel Risco.

    Por outro lado, hoxe remata o Planet Tour 2011 da orquestra PANORAMA para dar paso, no mes de marzo, a unha nova xira. Ademais, outras orquestras como PARÍS DE NOIA, OLYMPUS ou MARBELLA, xa presentan o seu espectáculo de inverno desde hai varias semanas. Na sección de novidades, hoxe arranca televisivamente a nova orquestra ISRAEL ESPECTÁCULO, unha das apostas máis fortes para 2012. Tamén, dentro dunhas horas, a orquestra coruñesa VERSALLES comezará unha nova andaina marcada polo cambio case total da formación. E na Praza do Obradoiro, como xa empeza a ser tradicional, despedida a ritmo de música de orquestra; este ano da man de ACHÉ. En fin, uns que rematan, outros que empezan, cambios, estreas... a vida segue igual.

    Para rematar, no noso terceiro ano de existencia queremos felicitar o ano a tod@s os que nos seguides e dicirvos que seguiremos traballando para ofrecer un espazo de información sobre as orquestras e festas de Galicia. Oxalá puidese ser mellor do que é, pero tendo en conta o traballo que dá manter un sitio destas características cunha mínima calidade, e tendo en conta o tempo do que dispoñemos, o resultado é satisfactorio aínda que intentaremos mellorar, sobre todo nos prazos de publicación de fotos e vídeos.

    Que o ano 2012 veña cheo de couas boas para tod@s e que as orquestras e festas de Galicia poidan superar estes tempos de crise que parece que non queren deixarnos. Vai ser difícil, pero non imposible e desde logo é o desexo máis sincero desde Festa a Festa para tod@s.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook