Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Despois da Guadalupe chega o Nazareno

    A Pobra do Caramiñal 2011 - O Nazareno - cartelRianxo cédelle a vez á Pobra do Caramiñal. Esta noite comezan as festas do Nazareno. No Barbanza quéimanse os últimos cartuchos festeiros do ano. Despois da Rianxeira, que rematou onte aínda que hoxe en Rianxo volverá haber festa grande, chega o Nazareno, a festa máis importante da Pobra. Ata o próximo luns (festivo local) haberá multitude de actos e música para celebrar unha romaría moi coñecida en toda a comarca e que tan a Procesión das Mortallas como acto central (o vindeiro domingo).

    NOCHE DE GALA e ODISEA serán as primeiras formacións en amenizar as festas da Pobra (hoxe venres), MANHATTAN e CASABLANCA (mañá), LOS PLAYER'S o domingo, día grande no que tamén actuará o grupo folk A RODA, e o luns, día do combate naval, cerran POCEIRO e ISMAEL.

    Charangas, gran traca de pólvora (domingo), bandas de música, demostración de voo de falcóns e aguias ou actividades para os nenos completan o programa da Pobra, que cerra o calendario festeiro na Mancomunidade Arousa Norte.

    A Pobra do Caramiñal 2011 - O Nazareno - programa

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook