Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Despois do San Xoán, chega o San Pedro

    ordes-meson-do-vento-2010-cartel-pequeno

    Numerosas festas do San Xoán esta fin de semana por Galicia, pero a estas hai que lles sumar as primeiras de San Pedro que comezan xa. Lugares como Miño, Mesón do Vento, Vilalonga (Sanxenxo), etc... comezan xa as festas do patrón.

    En VILALONGA, lugar onde a piques estiveron de non ter festa, tomaron a cousa en serio a xulgar polo interesante cartel dunhas celebracións que comezan hoxe e por onde pasarán grupos e orquestras como LA OCA e PALLADIUM (que actúan na casa) e a OLYMPUS co seu espectáculo O final do camiño ou a PARÍS DE NOIA. Tamén teñen cabida outras orquestras tipicamente de baile, como a PONTEVEDRA.

    En MIÑO tamén comezan hoxe as festas patronais, coa música característica da orquestra COMBO DOMINICANO. A COSTA OESTE cerrará o martes as celebracións.

    En MESÓN DO VENTO tamén comezan hoxe coas actuacións de orquestras, aínda que as festas principiaron onte. A orquestra GALILEA, da Estrada, abre lume en terras ordenses, por onde tamén pasarán CINEMA (domingo) e ACHÉ con PANORAMA para cerrar as festas o luns.

    E aínda haberá máis festas de San Pedro; moitos lugares optaron por celebrar as festas fóra da fin de semana para respectar o propio día. Seguiremos informando...

    sanxenxo-vilalonga-2010-cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook