Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dexo marca a diferenza un ano máis

    Oleiros 2013 - Festas de S. Antón en Dexo - cartel A orquestra Philadelphia abre esta noite, co grupo pontevedrés Triunfo, as festas de Dexo (Oleiros)

    En Oleiros (A Coruña) os veciños de Dexo celebran un ano máis as súas festas de Santo Antón. As celebracións de Dexo non traen este ano novidades salientables; só cabe destacar que se mantén o nivel das festas a pesar da crise, e para iso contarán con orquestras e grupos moi coñecidos: PHILADELPHIA  e PANORAMA acompañadas por TRIUNFO e SAMBA.  Ademais mantéñense citas xa de rigor no programa: a Festa da Cervexa e a gran churrascada do domingo.

    Desde as 20.00 horas de hoxe venres ten lugar a Festa da Cervexa, que chega á súa XII edición. A orquestra FILADELFIA compartirá noite co grupo pontevedrés TRIUNFO, que repite un ano máis.

    Mañá sábado será a orquestra PANORAMA co seu espectáculo Remember Tour 2013. A xira do 25º Aniversario, a que poñerá música e diversión repetindo, un ano máis en Dexo. Pero a afamada orquestra non estará soa, o grupo SAMBA co seu completo repertorio de baile para todos os públicos será o primeiro en actuar no campo da festa.

    A xornada do domingo, como vén sendo habitual, é puramente gastronómica; nela terá lugar despois da sesión vermú a gran churrascada. Tamén haberá unhagran festa infantil con moitas sorpresas para os máis pequenos da casa. E é que as festas de Dexo, coma sempre, veñen moi completas.

    A cita en Dexo, de novo, é das máis atractivas da zona.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook