Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dez anos de Galilea

    Orquesta Galilea 2014 - cartel

    Nova imaxe da orquestra Galilea para a temporada 2014 que comeza o venres 28 de marzo en Ouzande (A Estrada)

    A orquestra estradense Galilea celebra dez anos de festas en Galicia

    No mundo das orquestras, falar da Estrada é falar de GALILEA. A popular formación musical cumpre esta temporada dez anos de boa festa, e por iso esta edición estará marcada polas sorpresas que desde a dirección teñen preparadas para o seu incondicional público.

    O proximo venres, 28 de marzo, a orquestra estradense presenta a súa nova temporada con caras coñecidas no seu plantel de músicos e cantantes como son Mario Guillén e Carlos Colmenar na dianteira, Chicho Cordero na percusión, Dayron García (batería e percusión), Juan Cuñarro (saxo) ou o guitarrista Jorge Severo. Aos compoñentes xa coñecidos de GALILEA hai que engadir as novidades de 2014: Ana Victoria, de Plasencia e chegada da orquestra VENEZIA e Jennifer Sánchez (natural de Las Palmas) e chegada do popular grupo PRIMERA LÍNEA (que tamén actúa por terras galegas) estarán na dianteira da orquestra. Desde a orquestra EUROPEA BIG BAND chega Baikal Guncen teclados, o músico natural de Cuba farase cargo dos pianos e da dirección musical da orquestra; o músico colombiano Pablo Cedeño, procedente da orquestra TROVADORES estará na sección de ritmos xunto con Héctor Cagiao trombonista da Coruña e chegado da orquesta SUPERSTAR e Johnny Padilla de Venezuela, que tamén completa a sección de metais.

    Todos eles formarán unha orquestra de gran nivel musical e compartirán temporada nunha formación musical que desde os seus principios se caracterizou sempre por contentar a todos os públicos, desde os máis bailadores aos máis novos cun final de festa divertido, actual e "cañeiro".

    O vindeiro venres 28 de marzo en Ouzande, A Estrada, comeza a décima temporada de GALILEA. Vala perder?

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook