Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Diana Cea volve a Panorama

    Orquesta Panorama 2009 0016 - II Gala Panorama contra o cancro.JPGDiana Cea volve temporalmente á dianteira da orquestra Panorama / © Foto: roxegar 2009

    A que fora cantante en solitario durante moitos anos en PANORAMA, Diana Cea, e despois compartiu varias temporadas escenario con Irene Iglesias, é a substituta de Lydia Salar durante o tempo que esta tarde en recuperarse da caída de hai uns días en plena actuación. Diana estará polo menos tres semanas traballando de novo coa que fora a súa orquestra e a formación na que medrou como cantante.

    Con esta solución a formación musical afrontará varias semanas nas que ten actuación diaria e compromisos importantes que cumprir. A cantante está xa ensaiando e cóntase con que se incorpore a semana que entra ao espectáculo Planet Tour 2011.

    Aínda que sexa temporalmente e por un contratempo importante, os seguidores de Diana Cea poderán volvela ver subida ao escenario onde traballou durante dez anos e onde de seguro que lles gustará volvela encontrar.

    Pola súa banda, Lydia Salar recupérase satisfactoriamente no seu domicilio do incidente do pasado xoves en Soandres.

    Diana Cea (Orquesta Panorama)

    Diana Cea interpretando un tema de Mónica Naranjo / © Foto: roxegar 2008

    ACTUALIZACIÓN DOMINGO 03 DE XULLO

    Ao final parece que non vai poder ser. Diana Cea escribía esta mañá no Facebook de Festa a Festa a seguinte mensaxe:

    Hola a todos... en primer lugar mandarle mil besines a LYDIA y todo mi apoyo para que se recupere pronto, en segundo lugar decir que LITO me llamó para hacer unas fechas y yo le dije que sí, pero al final no pudo ser por problema personal que me impide que vuelva a cantar (NO ES NADA GRAVE)... me haría muchisima ilusión pero... Yo sé que PANORAMA va a tirar p'alante igual y un mes pasa pronto.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook