Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dimo ofrece festas de primeira esta fin de semana

    Orquesta Panorama 2011As orquestras Panorama e Charleston Big Band cerrarán as festas de Dimo (Catoira) o domingo; uns días despois volveranse ver en Boiro

    A localidade de Dimo, no concello pontevedrés de Catoira, está en festas. A primeira fin de semana de xullo trae, como xa é habitual, algunhas das orquestras máis mediáticas do momento e outras vellas coñecidas do campo da festa.

    A primeira das verbenas, hoxe mesmo, a cargo de dúas orquestras case veciñas de Dimo, non hai máis que cruzar a ponte que separa os dous concellos de Catoira e Rianxo. De alí chegan ABANICO e GRAN PARADA para amenizar a primeira noite de festa.

    Para a segunda xornada festiva, as orquestras BOLERO e TONY PÉREZ Y LOS ARQUINOS, unha banda clásica con moitos anos de experiencia que chega desde Ourense a Catoira cun repertorio clásico e elegante, con algunhas pezas que sendo habituais nos repertorios verbeneiros de hai anos, hoxe son difíciles de escoitar; e é que LOS ARQUINOS liderados por Tony Pérez seguen apostando polas verbenas de toda a vida.

    E para aqueles que aguanten ata as 2.00 horas da madrugada, o cal non será nada difícil, haberá unha queimada seguida de chocolatada.

    Para rematar o domingo, dúas grandes e mediáticas orquestras: A PANORAMA acompañada pola CHARLESTON BIG BAND de Padrón, inmellorable broche final de festas en Dimo ata o próximo ano esperando que, de novo, en terras de Catoira sigan marcando o nivel das festas populares.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook