Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Diversidade musical na Festa do Mar de Combarro

    poio-2011-festa-do-mar-en-combarro-cartelEn Poio, concretamente na pequena vila turística de Combarro, famosa pola súa arquitectura orixinal e os hórreos, organizan un ano máis a Festa do Mar, celebración que se vén ofrecendo desde 2001.

    Desde o pasado día 24 respírase aire de festas en Combarro: a Mostra de Artesanía e a Mostra Gastronómica e a feira Artemar, á parte doutras actividades culturais e musicais déronlle comezo ás festas un ano máis.

    A XVI Concentración de Embarcacións Tradicionais, Música de Mar e de Taberna na carpa a cargo de VIÑALAR FANTASTIC BAND (22.30) e a espectacular actuación do grupo ASSIA (23.00) no porto é o máis destacado para hoxe venres.

    A degustación de gran variedade de produtos, a Regata a remos de embarcacións tradicionais e a VI Regata de Pamplina, Música de Mar e de Taberna coa actuación do grupo OS FERVELLASVERZAS, a III Gala Musical Festa do Mar coas actuacións de CARTAS A JULIETA, o grupo LA GUARDIA e GIANCO Y SUS BAILARINAS ademais dos fogos artificias destacan na programación do sábado.

    E o domingo, última oportunidade para asistir ás diferentes mostras, comedor de degustación, ademais do VIII Certame de Bandas de Gaitas Tradicionais que este ano conta coa participación das seguintes agrupacións:

    -Banda de Gaitas de Barbude

    -Banda de Gaitas e Percusión Foula

    -Banda de Gaitas Atlántida de Matamá

    -Banda de Gaitas da Escola de Música Tradicionais de Poio Gran diversidade de actos e música para unha festa que cada ano parece que vai a máis. En Combarro, Festa do Mar ata o domingo.

    Assia 2011 - grupo - cartel pequenoUnha das pouquísimas oportunidades de ver a Assia por Galicia neste mes de agosto, venres 26 en Combarro (Poio) nas Festas do Mar

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook